Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza pola quenda de acceso libre (OEP 2018).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 209, do 10 de setembro de 2021, publicáronse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria, e no BOP número 214, do 16 de setembro de 2021, publicáronse a corrección de erros das referidas bases xerais e específicas para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro incluída na oferta de emprego público do ano 2018, que a seguir se sinala:

Acceso libre

Grupo

Natureza

Clasificación

Nº de prazas

Correspondencia posto RPT

C1

Funcionario

Escala administración xeral, subescala administración

1

Administrativo (SX6.2/035)

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación nos termos establecidos nas bases.

Viveiro, 16 de setembro de 2021

María Loureiro García
Alcaldesa