Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación dos montes Coto Real, Coto do Pazo, Banda e Cagadouro, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourido, concello de Salvaterra de Miño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 23 de novembro de 2020, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñais en man común dos seguintes montes:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Lourido.

1. Nome do monte: Coto Real.

Cabida: 157 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36050A02200069.

Estremas:

Norte, sur, leste e oeste: con pista asfaltada.

2. Nome do monte: Cagadouro.

Cabida: 1.573 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencias catastrais: 36050A02300089, 36050A02300051.

Estremas:

Titulares

Norte

Mª Carmen González Portas

Jesús Caamaño Álvarez

Sur

Senén Guillade Míguez

Carmen Esther Vidal Domínguez

Leste

propietario descoñecido

Oeste

Sofía Estévez Giráldez

3. Nome do monte: Coto do Pazo.

Cabida: 4.447 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36050A02300611.

Estremas:

Titulares

Norte

José Luis e María, Mª Jovita Martínez Rodríguez

Carmen Esther Vidal Domínguez

Sur

Braulio Portas Martínez

Braulio Rodríguez Martínez

José Portas Rodríguez

Manuel Merino Rodríguez

José Luis Guillade

Asunción García González

Manuel Magariños Domínguez

Leste

Manuel Portas Rodríguez

Oeste

Camiño público

4. Nome do monte: Banda.

Cabida: 2.551 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36050A01000537.

Estremas:

Titulares

Norte

Camiño público

Sur

Elda Fé Castro Vidal

Elvira Estévez Rodríguez

Leonilda Rodríguez Rodríguez

Ángel Rodríguez Martínez

Francisco Martínez Martínez

Leste

Deolinda González Rodríguez

Oeste

Camiño público

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 9 de setembro de 2021

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor