Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 47009

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galeras-Entrerríos, Sociedade Cooperativa Galega

ANUNCIO de disolución e nomeamento de liquidadores.

En cumprimento do establecido nos artigos 86 e 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de socios, que tivo lugar o 29 de xuño de 2016, se acordou, por unanimidade de votos, a disolución de Galeras-Entrerríos, Sociedade Cooperativa Galega e o nomeamento de Paula Luna Lago, Bernardo Díez García e Antonio César Muñoz Barbero como liquidadores da sociedade cooperativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021

Paula Luna Lago
Presidenta de Galeras-Entrerríos, Sociedade Cooperativa Galega