En virtude do establecido nos artigos 28 e 31 dos estatutos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, aprobados polo Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de setembro de dous mil vinte e un,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear a María Teresa Cancelo Márquez como vogal da Comisión Galega da Competencia.
Santiago de Compostela, dezaseis de setembro de dous mil vinte e un
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación