Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46923

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 21 de setembro de 2021 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro), e pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Mediante a Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro), convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, mediante a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas e de profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nas bases vixésimo primeira, vixésimo segunda e vixésimo terceira da Orde do 24 de febreiro de 2020 e nas bases décimo novena e vixésima da Orde do 21 de febreiro de 2019, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do procedemento selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 4 de agosto de 2021 (DOG do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro).

Segundo. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario a Andrea Castelo Veiga, co DNI ***490**, especialidade de lingua galega e literatura; Andrea Fidalgo Giráldez, co DNI ***9040**, especialidade de lingua castelá e literatura, e a Vanesa Vázquez Novo, co DNI ***8636**, especialidade de inglés, que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, entre outros, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), segundo a Orde do 31 de xullo de 2019 (DOG do 23 de agosto), e que tiveron aprazamento da fase de prácticas.

Terceiro. Publicar os aprazamentos da fase de prácticas concedidos para o curso 2021/22 a Berta Secall Pons, DNI ***1805**, do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de danza clásica; Diego Villaverde Varela, DNI ***0955**, especialidade de lingua castelá e literatura; Eleonora Giunchi, NIE ***2837**, especialidade de grego; Iria Ameixeiras Cundíns, DNI ***0213**, especialidade de lingua galega e literatura; Lorena González Gil, DNI ***0943**, especialidade de análise e química industrial; Emilio José Suárez Canedo, DNI ***6298**, especialidade de matemáticas; Alejandro Otero Zarraquiños, DNI ***3118**, especialidade de matemáticas; Géraldine Maynadier, pasaporte ***K749**, especialidade de francés; Tamara Varela Vila, DNI ***8033**, especialidade de francés; Kevin Samir Djourdem, NIF ***5546**, especialidade de francés do corpo de profesores de ensino secundario; Yolanda Martínez Suárez, DNI ***3394**, especialidade de produción de artes gráficas; Raíña María Mariño Gómez, DNI ***6996**, especialidade de operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios, e María Torres Cubeiro, DNI ***1742**, especialidade de procesos de xestión administrativa do corpo de profesores técnicos de formación profesional; María Verónica Fernández Domínguez, DNI ***3246**, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de alemán, que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro), e a Javier Telmo Miranda, DNI ***3731**, especialidade de organización e proxectos de fabricación mecánica, que superou o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).

Cuarto. Publicar os aprazamentos da fase de prácticas concedidos desde o 15 de setembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2022 a Alba Viñas Gallego, DNI ***4058**, no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de alemán, e a Iria Blanco Brey, DNI ***4246**, no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, que superaron o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro).

Quinto. O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 15 de setembro de 2021 ou do 16 de setembro de 2021 para quen teña un nomeamento en vigor correspondente ao curso 2020/21 ata o 15 de setembro de 2021, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Sexto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sétimo. O persoal funcionario en prácticas que xa estea a prestar servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente, lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Oitavo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que considere oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade