Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46930

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza vacante da categoría profesional de técnico/a especialista en actividades culturais.

Mediante a Resolución do 27 de maio de 2021 (DOG do 8 de xuño e BOE do 17 de xuño) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista en actividades culturais, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou a omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela