Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de setembro de 2021 polo que se publica a resolución de extinción, por fin do prazo concesional, do dereito relativo a unha concesión hidroeléctrica (10/149/11).

O pasado 5.8.2021 ditouse resolución pola que se declara a extinción, por transcurso do prazo de vixencia do título concesional, dun dereito concesional outorgado a Manuel Vázquez Guntín o 27.2.1933, no río Anllóns (denominado CH de Anllóns), no concello de Ponteceso (A Coruña), cuxas características básicas son as que se transcriben a seguir:

Clave e denominación do aproveitamento: 10/149/11, AH de Anllóns.

Titular do aproveitamento: Naturgy Wind, S.L.

Caudal máximo de auga concedido: 6.420 l/s.

Corrente de onde derivan as augas: río Anllóns.

Termo municipal onde radica a toma: Ponteceso.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia