Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, CTI e RBT Esposende II (Cenlle).

Situación: Esposende, concello de Cenlle.

Características técnicas: LMTA, a 20 kV, de alimentación a CTI proxectado, en condutor tipo LA-56 sobre 12 apoios de metálicos de celosía, con orixe en apoio existente nº 63-13, de tipo HVH-15/1600, da LMTA CAS801, no cal se instala seccionador XS, e fin no centro de transformador intemperie (CTI) proxectado Esposende II, de 100 kVA de potencia aparente, con R/T 20.000/400-230 V e illante en aceite mineral.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados pola instalación eléctrica de referencia figura no anexo desta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Ourense, 13 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2021/84-3.

Termo municipal: Cenlle.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBT Esposende II.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2

ml

aéreo

m2 aér.

1

Chaira

Piñeiral

CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros

10

9

160

2

Camiño

Camiño

CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros

10

150

3

O Campo

Matogueira

Gumersindo Veloso Toledo

37

537

6

Rodal 1000

Piñeiral

CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros

63-13-1

63-13-2

63-13-3

6

317

5.155

8

Rodal 1000

Piñeiral

CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros

36

563

10

Rodal 1000

Piñeiral

CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros

63-13-4

63-13-8

63-13-9

6

464

7.445

12

Santa Bárbara

Piñeiral

CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros

63-13-5

2

148

2.338

14

Santa Bárbara

Piñeiral

CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros

63-13-6

63-13-7

4

248

3.984

18

Rodal 1000

Matogueira

CMVMC de Chaira, Campo, Voutureira e Chonchouros

63-13-10

2

94

1.544

20

Carballeira

Viñedo

Luz Divina Pérez López

29

405

22

O Palomar

Matogueira

Hrdos. de Mª Isabel Sánchez Pardo

63-13-11

2

34

651

29

Carballeira

Matogueira

Hrdos. de Isabel Soto Beloso

4

50