Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 15 de setembro de 2021 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/328/2017-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/328/2017-RP1, ao interesado con documento nacional de identidade número 44089835P, en relación coas obras que se executan en solo rústico consistentes na construción dunha edificación para uso residencial no lugar de Bargo, A Somoza, no termo municipal da Estrada, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística