Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

6.4.2021

27044M00200102

A Regueira (San Vicente), A Pastoriza, Lugo

002

00102

Descoñecida

6.4.2021

27044M00200107

A Regueira (San Vicente), A Pastoriza, Lugo

002

00107

Descoñecida

6.4.2021

27044M00200230

A Regueira (San Vicente), A Pastoriza, Lugo

002

00230

Descoñecida

6.4.2021

27044M00300016

A Regueira (San Vicente), A Pastoriza, Lugo

003

00016

Descoñecida

6.4.2021

27044M00300028

A Regueira (San Vicente), A Pastoriza, Lugo

003

00028

Descoñecida

6.4.2021

27044M02000043

A Regueira (San Vicente), A Pastoriza, Lugo

020

00043

Descoñecida

6.4.2021

27044M02010157

A Regueira (San Vicente), A Pastoriza, Lugo

020

10157

Descoñecida

6.4.2021

27044M40000008

A Regueira (San Vicente), A Pastoriza, Lugo

400

00008

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada comprobouse que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa.

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación
prezo por ha

Liquidación provisional

2021/27044M00200102

27044M00200102

0,0273

3.953,15 €

107,96 €

2021/27044M00200107

27044M00200107

0,2903

3.545,82 €

1.029,50 €

2021/27044M00200230

27044M00200230

0,1131

3.953,15 €

447,21 €

2021/27044M00300016

27044M00300016

0,0657

3.953,15 €

259,84 €

2021/27044M00300028

27044M00300028

0,1976

3.545,82 €

700,60 €

2021/27044M02000043

27044M02000043

0,2346

3.953,15 €

927,51 €

2021/27044M02010157

27044M02010157

0,4002

3.953,15 €

1.582,05 €

2021/27044M40000008

27044M40000008

0,0568

2.056,00 €

116,78 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Pastoriza, 23 de agosto de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución da alcaldía do 2.7.2019)
Elva Carrera González
Tenente de alcalde delegada de Área