Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47120

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal da institución correspondentes ao exercicio 2021.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión de 16 de setembro, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2021: axudas para a atención a discapacitados. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e o prazo de presentación de solicitudes queda aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior