Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 16 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2019-147 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 16 de setembro de 2021

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado pola

CO-RES-2019-147

79335250Q

Primeira multa coercitiva

Xefa territorial

CO-RES-2019-158

46911605T

Primeira multa coercitiva

Xefa territorial