Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47570

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 16 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar o 15 de xullo e o 9 de setembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada polas resolucións do 20 de outubro de 2020 (DOG núm. 218, do 29 de outubro), do 1 de marzo de 2021 (DOG núm. 42, do 3 de marzo) e do 4 de marzo de 2021 (DOG núm. 46, do 9 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria e en relación ao primeiro exercicio do proceso selectivo que tivo lugar o día 3 de xullo de 2021, revisadas as alegacións presentadas nas sesións que tiveron lugar os días 15 de xullo e o 9 de setembro de 2021:

– Anular a pregunta 95 do cuestionario. En consecuencia, pasa a ser substituída pola pregunta de reserva 106 do cuestionario.

– Modificar a opción recollida no cadro de respostas como correcta correspondente á pregunta 99 do cuestionario, que debe ser a resposta C) en lugar da resposta A).

– Modificar a opción recollida no cadro de respostas como correcta correspondente á pregunta 106 do cuestionario, que debe ser a resposta A) en lugar da resposta B).

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de trinta (30) puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 28 de xuño de 2021, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtiveran un mínimo do corenta e cinco (45) por cento das respostas correctas en cada unha das partes da proba, unha vez feitos os descontos correspondentes. Advírtese que, as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación. Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de trinta (30) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os trinta (30) e os sesenta (60) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 3 de xullo de 2020, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro) no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021

Eduardo Suárez Campo
Presidente do tribunal