Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47626

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases xerais e específicas para prover as prazas de persoal funcionario, por promoción interna, correspondentes á oferta de emprego de 2018.

Nos boletíns oficiais da provincia de Lugo (BOP) números 089 e 112, do 20 de abril e do 18 de maio de 2020, respectivamente, publícanse as bases xerais para cubrir prazas do cadro de persoal funcionario e laboral reservadas a promoción interna (vertical e/ou horizontal) na Deputación Provincial de Lugo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 193, do 23 de agosto de 2021, publícanse as convocatorias e as bases especificas para a provisión das prazas de persoal funcionario, por promoción interna, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2018 que a continuación se relacionan:

Número de vacantes: unha. Denominación: técnico/a superior forestal; escala: Administración especial; subescala: técnica, técnicos superiores. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna vertical. Grupo A, subgrupo A1.

Número de vacantes: sete. Denominación: capataz de camiños; escala: Administración especial; subescala: servizos especiais; clase: persoal de oficios; categoría: mestre. Sistema de provisión: concurso-oposición, promoción interna vertical. Grupo C, subgrupo C1.

Solicitudes: estarán á disposición das persoas que queiran participar no procedemento selectivo na web corporativa da Deputación de Lugo, sede electrónica-catálogo de servizos-Recursos Humanos.

Lugar e forma de presentación: as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude de participación no Rexistro Electrónico da Deputación, entrando na web corporativa da Deputación de Lugo, sede electrónica-Recursos Humanos-solicitude promoción interna, alta de solicitude.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e na páxina web desta corporación.

Lugo, 7 de setembro de 2021

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social