Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47582

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2021 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario.

Vacante o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución, e ao ser necesaria a súa provisión, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante Resolución reitoral do 30 de abril de 2020, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela (USC), aprobado en Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, resolve convocar a súa provisión, mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira da USC que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberá presentarse acompañada de curriculum vitae e da xustificación documental daqueles méritos que se aleguen e que non consten acreditados no expediente persoal dos/das aspirantes.

Cuarta. De conformidade co establecido no artigo 18 do Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da USC, a persoa funcionaria de carreira que desempeñe en comisión de servizos o posto de libre designación incluído nesta convocatoria terá a obriga de participar. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.

Quinta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: responsable da Unidade de Xestión Administrativa. Secretaría Xeral.

Número de praza: PF000983.

Subgrupo: A2/C1/C2.

Nivel: 22.

Complemento específico: 12.060,58.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file