Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2021/208-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo, instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través do seu representante legal, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución se poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administracións, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 10 de setembro de 2021

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2021/208-36.

DNI: 34287060V.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 22 de xullo de 2021.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa e recurso.