Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2021/122-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT, CTC e RBT Ábedes.

Situación: concello de Verín.

Características principais do proxecto, que foi redactado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2233 do Coeticor, en data 5.2.2021, quen achega declaración responsable de habilitación e competencia:

– LMTS desde novo apoio de celosía metálica de tipo C 16/1000-H35-CA, para intercalar na LMTA VII804 entre o elemento de manobra XS 32HY78 e a derivada a CT 32CJZ9, de 26 m de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1x240 Al), con orixe no paso A/S no novo apoio 6x1, proxectado C 16/1000-H35 da LMT VII808 e final no CT proxectado; retensado de condutor existente entre os apoios número 6 e número 8.

– Centro de transformación prefabricado compacto, manobra exterior, con envolvente de formigón de tipo 2L1P TC, de 250 kVA de potencia aparente, con r/t 20.000/400-230 V e illante en aceite mineral.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados pola instalación eléctrica de referencia figura no anexo desta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Ourense, 7 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2021/122-3.

Termo municipal: Verín.

Denominación da instalación: LMT, CTC e RBT Ábedes.

Predio nº: 1.

Lugar: Viña do Rei.

Cultivo: labor.

Referencia catastral: 32086A070000330000SI.

Titular: herdeiros de Claudia Fernández Fernández. Rpta.: José Miguel Vaamonde Garrido. Laura Barros Vaamonde.

Afección: 14 m² de ocupación para o apoio 6 x1 + CT.