Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 17 de setembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 248/2021 contra a Resolución do 19 de novembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 30 de novembro) e do 17 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 258, do 24 de decembro) pola que se convoca para a elección de destino definitivo e se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axudantes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 27 de decembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso- administrativo PA 248/2021 contra a Resolución do 19 de novembro de 2020 (DOG número 241, do 30 de novembro) pola que se convocan, para a elección de destino definitivo, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG número 246, do 27 de decembro) e contra a Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG número 258, do 24 de decembro) pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axudantes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG número 246, do 27 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública