Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47747

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria e das bases reguladoras para a provisión das prazas incluídas na oferta ordinaria de emprego público correspondente ao ano 2018.

No BOP de Ourense do día 29 de maio de 2021 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2018.

No BOP de Ourense do día 22 de xullo de 2021 publicouse a corrección de erros advertidos na publicación das bases do día 29 de maio de 2021.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2018.

A) Funcionarios de carreira:

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso libre:

• Unha (1) praza de enxeñeiro/a superior de obras e servizos provinciais, subgrupo A1, escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Oposición libre. Título universitario de grao en enxeñaría de camiños, canais e portos ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de xestor/a de administración xeral, subgrupo A2, escala de administración xeral, subescala de xestión. Oposición libre. Título universitario de grao en ciencias empresariais ou calquera outro título oficial universitario con nivel 2, como mínimo, do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de técnico/a superior de desenvolvemento local e fondos europeos, subgrupo A1, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase praza de cometidos especiais. Concurso oposición. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso por promoción interna:

• Unha (1) praza de técnico/a especialista en recursos humanos, subgrupo A2, escala de administración especial, clase praza de cometidos especiais. Concurso oposición. Título universitario de grao ou calquera outro título oficial universitario con nivel 2, como mínimo, do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Unha (1) praza de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala técnica, clase técnico medio. Concurso-oposición. Título universitario de grao en enxeñaría de obras públicas ou calquera outro título oficial universitario con nivel 2, como mínimo, do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4.

• Duas (2) prazas de administrativo/a de administración xeral, subgrupo C1, escala de administración xeral, subescala administrativa. Concurso oposición. Título de bacharelato, técnico ou equivalente ou unha antigüidade de dez anos na subescala C2 e a superación dun curso específico de formación. Copia do diploma ou certificado Celga 3.

• Duas (2) prazas de auxiliar de administración xeral, subgrupo C2, escala de administración xeral, subescala auxiliar. Concurso oposición Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Resérvase para persoas con diversidade funcional a seguinte praza das incluídas no apartado anterior:

• Unha (1) praza de auxiliar administrativo, subgrupo C2, escala de administración xeral, subescala auxiliar. Concurso oposición Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

En caso de non cubrirse por persoa discapacitada, estas praza acumularase ás da convocatoria ordinaria, que poden ser cubertas por persoas non discapacitadas que superen os procesos selectivos correspondentes.

B) Cadro laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

Prazas de acceso libre:

• Oito (8) prazas de operarios/as sen cualificar, AP. Concurso. Sen requisitos de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de capataz de zonas verdes, subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de auxiliar de servizos, subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Prazas de promoción interna vertical:

• Catro (4) prazas de condutores/as de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais, subgrupo C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, permiso de condución C+E e certificado de aptitude profesional. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

• Unha (1) praza de axudante de obras e servizos C2. Concurso. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

Resérvase para persoas con diversidade funcional a seguinte praza das incluídas nas epígrafes anteriores:

• Unha (1) praza de operario/a sen cualificar, AP. Concurso. Sen requisitos de titulación. Copia do diploma ou certificado Celga 2.

En caso de non cubrirse por persoa discapacitada, esta praza acumularase ás da convocatoria ordinaria, que poden ser cubertas por persoas non discapacitadas que superen os procesos selectivos correspondentes.

O prazo para presentación de solicitudes será dos vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. As solicitudes poderanse presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (norma que se estima vixente de acordo co establecido na disposición derradeira sétima da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

As modalidades de presentación son as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en materia de rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, xuntando á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A1: 19 euros, para as prazas do grupo A2: 17 euros, para as prazas do grupo C1: 15 euros, para as prazas do grupo C2: 13 euros e para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación: 10 euros.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, da Administración local de Galicia.

Ourense, 26 de agosto de 2021

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense