Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47813

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade da subvención concedida ao abeiro da Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

O 9 de marzo de 2020 publicouse no DOG a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A).

O 21 de xullo de 2021, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou resolución de concesión e denegación das subvencións, con indicación de que se notificara aos interesados.

Segundo o establecido nos artigos 13.3 das bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 27 de febreiro de 2020 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise constar que a axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, na liña de actuación 57, Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo, campo de intervención 079 Aceso á intervención del sector público (incluíndo datos culturais abertos e en liña, bibliotecas dixitais contidos electrónicos e turismo electrónico), do obxectivo específico 02.03.01 Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saúde, recollido na prioridade de investimento 02.03 Reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica, do obxectivo temático 02 Mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a esas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, actuación 2.3.1.7 Axudas para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultual e modernización tecnolóxica do turismo-dixitalización do patrimonio cultural.

En consecuencia resolvo que se proceda á publicación da subvención concedida, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR606A) (DOG núm. 46, do 9 de marzo).

b) Programa: 571 A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.744.0; 04.A1.571A.745.0; 04.A1.571A.760.0; 04.A1.571A.781.0.

d) Finalidade: subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, segunda convocatoria para os anos 2020-2021.

e) Entidades beneficiarias e cantidades concedidas:

Expediente

Entidade solicitante

Importe total subvención (€)

PR606A-2020-00000002

Concello de Ortigueira

15.725,16 €

PR606A-2020-00000006

Arquivo Deputación Provincial Lugo

83.853,00 €

PR606A-2020-00000020

Concello de Vigo

88.715,85 €

PR606A-2020-00000004

Arquivo Histórico Diocesano-Diócese Tui-Vigo

89.842,50 €

PR606A-2020-00000016

Concello de Noia

30.872,82 €

PR606A-2020-00000024

SAMI Catedral de Santiago de Compostela

34.562,44 €

PR606A-2020-00000001

Concello Ribeira

26.469,20 €

PR606A-2020-00000021

Concello de Poio

18.004,80 €

PR606A-2020-00000003

Universidade de Santiago de Compostela

32.911,63 €

PR606A-2020-00000005

Real Academia Galega

59.628,19 €

PR606A-2020-00000011

Concello de Portomarín

17.670,84 €

PR606A-2020-00000010

Concello de Redondela

46.757,37 €

PR606A-2020-00000009

Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego

57.155,56 €

PR606A-2020-00000019

Arzobispado Santiago de Compostela

19.965,00 €

PR606A-2020-00000018

Concello de Guitiriz

42.046,95 €

PR606A-2020-00000022

Deputación de Pontevedra

89.890,00 €

PR606A-2020-00000025

Concello de Muxía

73.837,23 €

PR606A-2020-00000007

Concello de Vimianzo

21.029,80 €

PR606A-2020-00000012

Concello de Marín

90.000,00 €

PR606A-2020-00000013

Concello de Beariz

14.401,42 €

PR606A-2020-00000014

Concello de Narón

16.231,55 €

PR606A-2020-00000023

Fundación 10 de Marzo

56.279,00 €

PR606A-2020-00000008

Concello de Coles

26.808,76 €

PR606A-2020-00000015

Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar

13.806,10 €

PR606A-2020-00000029

Asociación de Armadores de Buques de Pesca de Marín

49.791,60 €

PR606A-2020-00000031

Real Federación Galega de Fútbol

88.450,00 €

Total

1.204.706,77 €