Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de setembro de 2021, do Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra en Vigo, polo que se notifica a reiteración do requirimento da documentación necesaria para iniciar o procedemento RP-2021-0086-P, de reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos derivados da asistencia sanitaria prestada polo Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no enderezo para os efectos de notificación da persoa interesada que se especifica no anexo, e ao non ser posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento.

Para tal efecto, a persoa interesada no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, poderá consultar o expediente, obter copia e realizar as alegacións que considere oportunas, acompañando os documentos preceptivos, se é o caso. O expediente estará ao dispor da persoa interesada nas dependencias do Servizo Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra en Vigo, sito na avenida de García Barbón, 51, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida e considerarase desistida da súa solicitude conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015.

Vigo, 20 de setembro de 2021

Juan B. Gayoso Bonigno
Xefe do Servizo de Inspección de Servizos
Sanitarios de Pontevedra en Vigo

ANEXO

Nº de expediente: RP-2021-0086-P.

DNI da persoa interesada: 39485099X.

Último enderezo coñecido: r/ Aragón, 197, baixo interior, 36206 Vigo.

Data do requirimento: 2 de xuño de 2020.

Tipo de requirimento: reiterar subsanación e mellora da solicitude.