Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48087

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2021, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021

Descrición

Importe

Data

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Consellería do Mar para reforzar o persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

60.000,00 €

24.5.2021

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento dun sistema de información de xestión de axudas de biodiversidade e sistemas mariños, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

280.000,00 €

31.5.2021

Acordo de colaboración para a realización de actividades de apoio mutuo entre a Consellería do Mar e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no ámbito da oceanografía operacional.

Sen custo económico

3.6.2021

Addenda ao Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e sustentabilidade do desenvolvemento evolutivo do proxecto de modernización tecnolóxica das lonxas.

2.607.032,12 €

15.6.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización e fomento da carpintería de Ribeira durante o ano 2021.

30.000,00 €

22.6.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización das embarcacións tradicionais e o XV Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.

48.500,00 €

22.6.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Confraría de pescadores de Miño, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización da reforma e acondicionamento do punto de control e venda e os aseos que a confraría ten no Pedrido, durante o ano 2021.

17.618,00 €

23.6.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Consellería do Mar e a Entidade Pública Empresarial Portos de Galicia para a realización das actuacións enmarcadas no PIMA Adapta Costas, referentes á elaboración dos plans de adaptación dos terreos que ocupan as zonas portuarias dos portos autonómicos situados en dominio público marítimo-terrestre adscritos ás comunidades autónomas e das estruturas construídas sobre eles.

Sen custo económico

25.6.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares do alumnado da Universidade da Coruña.

Sen custo económico

12.7.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Español para colaboración en materia de salvamento marítimo e a loita contra a contaminación.

30.000,00 €

19.7.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, Sociedad Cooperativa Gallega para a organización da VIII Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca no ano 2021.

22.638,00 €

26.7.2021

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da trazabilidade dos produtos pesqueiros.

3.711.426,73 €

27.7.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar, a Universidade da Coruña e a Fundación Universidade da Coruña para o Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2030 (PCUMA).

192.540,00 €

4.8.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a minimización do impacto das patoloxías bacterianas en criadeiros de bivalvos. Aspectos básicos e axuda á produción.

162.200,00 €

5.8.2021