Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48102

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Tecnoloxía Electrónica.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 8 de xuño de 2021 (BOE do 21 de xuño), para a provisión da praza número 21/021 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Tecnoloxía Electrónica, departamento de Enxeñaría de Computadores desta universidade, a favor de Tiago Manuel Fernández Caramés, con DNI núm. ***0541**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Tiago Manuel Fernández Caramés, profesor titular de universidade da área de coñecemento de Tecnoloxía Electrónica, departamento de Enxeñaría de Computadores desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contado desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de setembro de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña