Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48147

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de notificación da resolución do procedemento sancionador por infracción en materia de biomasa (expediente 2021/X998/000018).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 46 e 89 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Vaibén-Cons, S.L., con CIF ** 6440**, e a Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L., con CIF ** 0080**, a resolución nº 594, do 20.9.2021, do expediente sancionador co nº 2021/X998/000018, mediante a súa publicación no BOE e no DOG, instruído por infracción grave tipificada no artigo 15.a) da Ordenanza municipal non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello de Ponteceso (publicada no BOP nº 149, do 7 de agosto de 2018), por incumprimento da xestión da biomasa na parcela urbana con referencia catastral 9176943 NH0887N0001PX, cos criterios establecidos nesta ordenanza, unha vez notificada a súa obrigación e a valoración do seu custo, cando exista risco inminente de incendio para as vivendas e persoas, imponse unha sanción por importe de 601 €, en aplicación do artigo 17.1.b) da ordenanza, xa que, tentada a notificación no último domicilio coñecido dos interesados, esta non se puido efectuar.

As interesadas poderán examinar o expediente nas oficinas xerais do Concello de Ponteceso, das 9.00 ás 14.00 horas, todos os días laborables, para os efectos de coñecer o seu contido íntegro.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Alcaldía, en virtude do disposto no artigo 12 da citada ordenanza municipal.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Unha vez transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. De non efectuarse o ingreso no prazo legal, procederase á súa exacción por vía executiva e dará comezo o procedemento de constrinximento, regulado nos artigos 70 e seguintes do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, coa liquidación dos xuros de demora e as recargas que legalmente correspondan.

Ponteceso, 21 de setembro de 2021

Xosé Lois García Carballido
Alcalde