Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, co procedemento abreviado 276/2021-LO.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra tramítase o recurso 276/2021-LO (procedemento abreviado), interposto por Andrea Rivas Durán fronte á Resolución do 14 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro), así como contra a resolución desestimatoria, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto o 16 de febreiro de 2021 fronte a dita resolución.

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de méritos.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos