Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48272

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 14 de setembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á petición un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince (15) días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar o día seguinte ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: Xefatura Servizo Provincial da AXI.

Código do posto de traballo: IV.A19.10.000.36001.001.

Centro directivo: Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos).

Localidade: Pontevedra.

Corpo/escala: ESE1 especial (esc. enxeñeiros-esp. Enx. de Camiños, Canais e Portos). EME1 especial (esc. enxeñeiros técnicos-esp. Enx. técnica de Obras Públicas).

Grupo: A1A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.991,36 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración local.

Titulación: --.

Formación específica: 640-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file