Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48282

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (PO 42/2017).

Sandra Pérez López, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Caixabank, S.A. fronte a Esteban López Golobardas, Andrea Canda Suárez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Pontevedra, 2 de outubro de 2018

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 42/2017 por instancia de Caixabank, S.A., representada polo procurador Sr. González-Puelles Casal e baixo a dirección legal do letrado Sr. Cobas Brey, fronte a Esteban López Golobardas, en situación de rebeldía procesual, e Andrea Canda Suárez, representada pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández e baixo a dirección legal do letrado Sr. Guitián Pavón, sobre reclamación de cantidade e exercicio de dereito real de hipoteca.

Decido:

Que estimo a demanda interposta polo procurador Sr. González-Puelles Casal, en nome e representación de Caixabank, S.A., contra Esteban López Golobardas e Andrea Canda Suárez; e acordo:

1. Declarar o vencemento anticipado da total obrigación de pagamento do contrato de crédito hipotecario concertado por escritura pública do 27 de decembro de 2005.

2. Condenar a Esteban López Golobardas e Andrea Canda Suárez a pagar solidariamente a Caixabank, S.A. a suma de 108.910,10 euros, así como os xuros remuneratorios sobre o capital debido de 106.761,65 euros desde o 14 de decembro de 2016 ata o seu completo pagamento.

3. Ordenar a realización do dereito de hipoteca constituído naquela escritura mediante a venda en pública poxa do inmoble hipotecado.

4. As custas procesuais impóñense a Esteban López Golobardas e Andrea Canda Suárez.

Notifíquese a presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra esta poderá interpoñerse recurso de apelación, perante este xulgado no prazo de vinte días.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E atopándose o devandito demandado, Esteban López Golobardas, en paradoiro descoñecido, expídese o este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 4 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza