Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razons urbanísticas para a execución da obra de ampliación e regularización do sistema viario das rúas Felix Rodríguez de la Fuente, Jacques Cousteau e Rexidoiro, na parroquia de Pastoriza, do termo municipal de Arteixo.

Procedemento: expropiación urbanística.

Expediente: 2021/U040/000005.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 16 de setembro de 2021, mediante a Resolución da Alcaldía número 2622/2021, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do proxecto de obra denominado ampliación e regularización do sistema viario das rúas Félix Rodríguez de la Fuente, Jacques Cousteau e Rexidoiro, na parroquia de Pastoriza do termo municipal de Arteixo.

Asemade, consonte a devandita resolución procede someter a información pública o referido proxecto por período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como a notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Parcela catastral

Titular

Superficie afectada

1

3480139NH4937N0001PO

Sande Couto, Santiago

390,51 m2

2

3480138NH4937N0001QO

Moreno Lafuente, María Luisa

1.068,40 m2

3

3480137NH4937N0001GO

Zas Varela, José Luis

320,59 m2

4

3480136NH4937N0001YO

Zas Varela, José Luis

55,42 m2

5

3480134NH43937N0001A0

Varela Souto, Josefa (herdeiros de)

129,03 m2

6

3480132NH4937N0001HO

Parada Patiño, Luis e dous máis

133,51 m2

7

3377606NH4937N0001YO

Zas Varela, José Luis

190,01 m2

8

3377601NH4937N0001UO

Rodríguez Gestal, Francisco (herdeiros de)

194,41 m2

9

3279905NH4937N0001RO

Uzal Carro, Francisco e Penas Otero, María Luz

8,35 m2

10

3279906NH4937N0001DO

Pose Souto, María Purificación

7,96 m2

11

3278904NH4937N0001DO

Bello Pardo, Benjamín (herdeiros de)

8,28 m2

12

3278906NH4937N0001DO

Sande Sande, José e París Rey, María Juana

1,94 m2

13

3278109NH4937N0001EO

Fernández Prieto, Benito Ernesto

68,85 m2

14

3278110NH4937N0001IO

En investigación

82,32 m2

15

3278111NH4937N0001JO

Hermanos Losada López 2020, S.L.

68,04 m2

16

3278112NH3947N0001EQ

En investigación

67,25 m2

17

3278101NH4937N0001MO

Rial Bermúdez, Manuel Antonio

326,64 m2

18

3179826NH4937N0001TO

Castro Romar, Modesto

37,90 m2

19

3179827NH4937N0001FO

Castro Romar, Modesto

33,16 m2

20

3179817NH4937N0001BO

Lafuente Mantiñán, Luis

148,46 m2

21

3179816NH4937N0001AO

Lafuentes Mantiñán, Jesús

113,27 m2.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puido efectuar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 16 de setembro de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1513/2021)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo e Patrimonio