A Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 9 de abril de 2021 a resolución de ampliación do recoñecemento da declaración da condición mineromedicinal e termal cos datos que seguen:
Solicitante: Os Baños da Brea, S.L.
Explotación: Balneario Baños da Brea.
Denominación captación: Pozo nº 3.
Sección: B.
Recursos: augas termais.
Localización: Vila de Cruces, Pontevedra.
Coordenadas: UTM (Datum ETRS 89). Fuso 29: X=561.320 e Y=4.734.360.
O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.
En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras
Pontevedra, 25 de xuño de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra