Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da aprobación das bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 166, do 1 de setembro de 2021, publícáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir as seguintes prazas e os postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral do Concello de Curtis, incluídos na oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal para o ano 2020:

– Dúas prazas de auxiliar administrativo, pertencentes á escala de administración xeral, subescala auxiliar, mediante o sistema de concurso oposición, en quenda libre.

– Sete prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral do grupo V, mediante o sistema de concurso oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de instancias, nas cales se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva, é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Curtis, 14 de setembro de 2021

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde