Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48912

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 9 de setembro de 2021, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico no concello de Tui.

En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 9 de setembro de 2021, co seguinte texto literal:

«Declarar unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Tui, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

missing image file