Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48801

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora no anexo I.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO I

Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2021

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega ( €)

da consellería

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela co obxecto de incluír os alumnos/as da especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria do máster universitario en Psicoloxía.

Incluír os alumnos/as da especialidade de Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria do máster universitario de Psicoloxía no ámbito de aplicación do convenio.

24.9.2021

Sen custe económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Meniños para a execución do Programa de intervención con nenos e nenas vítimas de abuso sexual para o ano 2021.

Contribuír ao financiamento do desenvolvemento do Programa de intervención con persoas menores vítimas de abusos sexuais en Galicia para o ano 2021 da Fundación Meniños.

28.5.2021

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella de Galicia para a execución do Programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Contribuír ao financiamento do desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de familias acolledoras de Cruz Vermella de Galicia, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

28.5.2021

463.866,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Consellería de Política Social e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a atención de menores no centro residencial Ciudad Infantil Príncipe Felipe en Pontevedra.

Colaboración para a atención de menores, tutelados ou en situación de garda por la Xunta de Galicia, no Centro Ciudad Infantil Príncipe Felipe, establecemento do que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra.

25.6.2021

5.395.714,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para a aplicación da gratuidade da atención educativa para segundos/as fillos/as e sucesivos/as na escolas infantil 0-3 Breogán de titularidade desta última.

Contribuír ao financiamento a favor da Universidade de Santiago de Compostela para a aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada na escola infantil da titularidade desta de maio a xullo de 2021 e no curso 2021-2022 a segundos fillos ou fillas e sucesivos/as da unidade familiar, a través da concesión dunha subvención pública.

5.7.2021

178.360 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para a realización de actuacións na consecución de beneficios e vantaxes destinados ás familias numerosas galegas no ano 2021.

Contribuír ao financiamento a favor da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), para a realización dos labores de difusión dos beneficios e das vantaxes dos programas e medidas destinadas ás familias numerosas e do desenvolvemento de acción de captación de empresas e entidades en xeral que ofrezan vantaxes, como medidas de apoio e axudas ás ditas familias.

13.7.2021

22.566,88 €

Convenio de colaboración para o ano 2021, entre a Consellería de Politica Social e a Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo, para o desenvolvemento do Programa xerando cultura de acollemento.

Contribuír ao financiamento á Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do seu Programa xerando cultura de acollemento mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento da persoa menor acollida mediante a orientación, o asesoramento, o acompañamento e o apoio especializado ás familias acolledoras e/ou as persoas menores.

13.7.2021

84.106,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Instituto Galego do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade e Trastornos Asociados (Ingada) para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias para o ano 2021.

Contribuír ao financiamento do proxecto de Ingada de asesoramento ás familias de membros con trastorno por déficit de atención e hiperactividade e trastornos asociados desenvolvido pola entidade e que ten como finalidade que estas poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social para o que se artellarán programas de carácter preventivo que contribúan á modificación de condutas non desexadas e á adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar.

22.7.2021

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) para o desenvolvemento do programa A restauración galega sen glute, no ano 2021.

Contribuír ao financiamento do programa A restauración galega sen glute, da entidade Acega, que inclúe a realización de actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas celíacas fóra da súa contorna doméstica a través da capacitación de establecementos hostaleiros en materia de celiaquía.

29.7.2021

47.785,89 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións para a Loita contra as Enfermidades de Ril (Alcer) de Galicia para o desenvolvemento dun programa de intervención psicosocioeducativa en menores con enfermidade renal crónica en Galicia (programa Medro con Alcer) no ano 2021.

Contribuír ao financiamento do programa Medro con Alcer que ten como finalidade a intervención psicosocial cos menores con enfermidade renal crónica e as súas familias, tratando de comprender, predicir e cambiar a súa conduta social, axudándolles a adaptarse á enfermidade, así como a modificación daqueles aspectos nocivos da súa contorna para mellorar a súa calidade de vida e establecer bases sólidas de coordinación entre todas as partes implicadas dentro do proceso de atención sociosanitaria a estes menores.

30.7.2021

37.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á protección e promoción dos dereitos da infancia no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do desenvolvemento do programa de actividades da POIG, tendente á promoción da participación dos nenos e nenas en todos os ámbitos da sociedade e, de xeito especial, no deseño e toma de decisións das medidas que inciden directamente na súa calidade de vida e no respecto dos seus dereitos, así como ao fortalecemento das estruturas democráticas e da sociedade civil galega mediante o apoio, a creación e a consolidación de coordinadoras ou redes de traballo a prol da infancia, e deste xeito procurar a protección e promoción na Comunidade Autónoma de Galicia dos dereitos da infancia recollidos na Convención sobre os dereitos do Neno, do 20 de novembro de 1989.

20.8.2021

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o desenvolvemento do programa Emerxencia alimentaria nos campamentos de refuxiados saharahuís.

Contribuír ao financiamento coa concesión dunha subvención pública no desenvolvemento do programa Emerxencia alimentaria nos campamentos de refuxiados saharauís 2021, posto en marcha pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e que ten como obxectivo xeral dar solución á falta de alimentos básicos para as familias e os nenos e nenas refuxiados saharauís, agravada pola actual pandemia de COVID-19, poboación composta maioritariamente por mulleres, maiores e nenos/as.

26.8.2021

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Labaca para o desenvolvemento dun programa de segunda oportunidade para menores dos centros Concepción Arenal e Ciema da Coruña e de soporte á autonomía dos mozos que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación.

Establecer o marco de colaboración para facilitar o tránsito á autonomía e a inserción sociolaboral dos mozos/as, de idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos, que se encontren cumprindo ou finalicen medidas xudiciais nos centros de Concepción Arenal e Ciema da Coruña, naqueles casos nos cales a súa contorna sociofamiliar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción sociolaboral.

30.8.2021

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, ao almacenamento e á distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas.

Contribuír ao financiamento para a realización por Fegaban dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas.

1.6.2021

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun Programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

Contribuír ao financiamento para a realización por Cruz Vermella Española en Galicia do Programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar obxecto deste convenio, que consistirá no establecemento de liñas de atención ás situacións de sen fogarismo a través da intervención coordinada con enfoque integral levada a cabo polos equipos técnicos municipais da entidade con capacidade de actuación en todo o territorio galego.

7.6.2021

169.950,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa Acougo no Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

Contribuír ao financiamento para a realización pola Fundación Monte do Gozo dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con Patoloxía Dual, a través do programa Acougo.

11.6.2021

153.846,00 €

Acordo de modificación e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Roja Española en Galicia para a execución dun programa extraordinario de axuda para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

Modificación e prórroga ata o 31.12.2021 do convenio de colaboración para a realización, por parte de Cruz Roja Española en Galicia, dun programa extraordinario de axuda en materia de necesidades básicas (en concreto cobertura de produtos de alimentación, hixiene e farmacia) destinado á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

22.6.2021

5.075.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Conselleria de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do Programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2019-2023 e do Programa operativo de emprego xuvenil 2018-2022 do Fondo Social europeo.

Contribuír ao financiamento a favor da Fundación Secretariado Gitano para levar a cabo o desenvolvemento no ámbito territorial da comunidade autónoma de accións dirixidas ás minorías étnicas coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, no marco do Programa operativo de inclusión social e economía social 2019- 2023 e o Programa operativo de emprego xuvenil 2018-2022.

13.7.2021

65.920,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia polo que se encomenda a xestión dos sistemas de información básicos do Sistema galego de servizos sociais (SIUSS-SIUSSGAL, PBSS e MATIASS).

Instrumentar e regular as condicións específicas que rexerán a encomenda de xestión da Consellería de Política Social ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o desenvolvemento das actividades técnicas necesarias para o mantemento actualizado dos sistemas de información básicos dos servizos sociais.

20.7.2021

416.676,96 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Rede europea de loita contra a pobreza (EAPN-Galicia) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento a favor da EAPN-Galicia para a realización dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

6.8.2021

53.000,00 €

Addenda de modificación ao convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a fundación bancaria La Caixa para o desenvolvemento dos proxectos do Programa de personas maiores nos centros de maiores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o anexo II do convenio de colaboración, referido aos itinerarios do programa de maiores nos centros sociocomunitarios para dar cabida á modalidade telemática de varias actividades formativas.

9.8.2021

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Aspace Galicia), para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e do mantemento da entidade para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento de Aspace Galicia e das súas entidades asociadas, así como das actividades que a dita entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2021.

7.5.2021

538.257,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Compañía de las Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul, del Centro Asistencial San Pablo y San Lázaro, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución pola Compañía de las Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul, del Centro Asistencial San Pablo y San Lázaro, de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade intelectual, para desenvolver ou recuperar as capacidades e potencialidades de cada persoa, mellorando a súa calidade de vida e a súa integración social e laboral.

7.5.2021

153.118,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Centro Asociado da UNED-Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento a favor do Centro Asociado da UNED-Coruña para a consolidación do programa UNED Sénior.

10.5.2021

13.860,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para o financiamento do Programa universitario para maiores no exercicio 2021.

Contribución no financiamento da realización pola Universidade de Vigo, nos seus campus, dun programa universitario específico denominado Programa universitario para maiores.

10.5.2021

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Orden Hospitalaria de San Juan de Dios (Hogar y Clínica San Rafael), para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade, para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución pola Orden Hospitalaria de San Juan de Dios (Hogar y Clínica San Rafael) de actividades e programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade, para que desenvolvan as súas capacidades e poidan levar unha vida o máis autónoma posible e integrada na sociedade.

18.5.2021

233.012,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia), para o financiamento dun programa de apoio socioeducativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do programa de Feafes Galicia orientado ao apoio socioeducativo comunitario e a prevención das situacións de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental en Galicia.

18.5.2021

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela, para o financiamento do IV ciclo universitario no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento a favor da Universidade de Santiago de Compostela para fomentar o desenvolvemento das actividades previstas dentro do Programa universitario de maiores, IV ciclo.

26.5.2021

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo para o financiamento do Proxecto de democratización do coñecemento no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento a favor das universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo para o desenvolvemento do Proxecto de democratización do coñecemento.

26.5.2021

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento de Fagal así como das actividades que leva consigo o servizo que a dita entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2021.

28.5.2021

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación de Adultos Discapacitados da Coruña (ADCOR), para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución por ADCOR de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas adultas con discapacidade intelectual.

28.5.2021

81.132,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), para o incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento das actuacións que a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ten previsto desenvolver durante o ano 2021 para incrementar os servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información.

14.6.2021

39.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento a favor da Universidade da Coruña para facilitar a consolidación da Universidade Sénior.

17.6.2021

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación por Eles Tea Ourense-Petea, para o financiamento dun programa de intervención directa individualizada (infanto-xuvenil) para persoas con trastornos do espectro autista.

Contribuír ao financiamento dun programa da Asociación por Eles Tea Ourense-Petea, de intervención directa individualizada (infantil-xuvenil) para persoas con trastornos do espectro autista, durante o ano 2021.

25.6.2021

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación para la Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-Terra Chá para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dun proxecto da Fundación para la Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-Terra Chá, de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinado ás persoas adultas con discapacidade intelectual, no ano 2021.

25.6.2021

29.928,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento das actuacións da Fundación Sálvora no ano 2021 relacionadas coa tutela e a protección das persoas con discapacidade intelectual.

25.6.2021

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia) para contribuír ao financiamento do mantemento da entidade para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do mantemento de Cermi Galicia, co fin de prestar servizos as organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade.

25.6.2021

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución de programas da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala dirixidos á promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade.

25.6.2021

20.870,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey Esclavas de la Virgen Dolorosa, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución pola Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey Esclavas de la Virgen Dolorosa de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados a mulleres con discapacidade intelectual gravemente afectadas.

2.7.2021

194.734,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Lousame, de cara a instrumentar a colaboración para a realización das actuacións dirixidas á promoción da autonomía persoal e á prevención da dependencia no ano 2021.

Contribuír ao financiamento das actuacións que o Concello de Lousame ten previsto desenvolver durante o ano 2021, de cara á realización das actuacións dirixidas á promoción da autonomía persoal e á prevención da dependencia.

13.7.2021

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política social e o Concello de Riotorto, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento das actuacións que o Concello de Riotorto ten previsto desenvolver durante o ano 2021, de cara a realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

13.7.2021

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Cultural O Castro Baión-Vilanova de Arousa, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención da dependencia no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución pola Asociación Cultural O Castro Baión-Vilanova de Arousa durante o exercicio 2021 dun Programa de voluntariado para atención ás persoas maiores.

13.7.2021

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación para a Inclusión de Persoas con Diversidade Funcional, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución pola Asociación para a Inclusión de Persoas con Diversidade Funcional de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade polo centro ocupacional Artefíos.

13.7.2021

14.338,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación de Daño Cerebral (Fudace), para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución por Fudace dun programa de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia, destinado a persoas con discapacidade.

13.7.2021

43.934,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política social e a Fundación Aspace Coruña para o financiamento dun proxecto de información e asesoramento, tutela, curatela e representación, dirixido a persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, e as súas familias no ano 2021.

Contribuír ao financiamento dun proxecto de información e asesoramento, tutela, curatela e representación da Fundación Aspace Coruña para persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns e as súas familias.

22.7.2021

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia, no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución pola Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade.

22.7.2021

33.076,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para o incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade de información no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento a favor de CRTVG para o incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información no exercicio 2021.

22.7.2021

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento dos programas e actuacións da entidade para o exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento a favor de Ategal, para o mantemento dos programas e actuacións da entidade durante o exercicio 2021.

22.7.2021

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Lugo (Afalu), para o financiamento dun proxecto de prevención da soidade non desexada e socialización das persoas maiores do medio rural despois da COVID, no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento do programa de prevención da soidade non desexada e socialización de persoas maiores do medio rural que Afalu ten previsto desenvolver no ano 2021.

22.7.2021

85.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Casa Santa María de la Esperanza Esclavas de la Virgen Dolorosa, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2021.

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da execución pola Casa Santa María de la Esperanza Esclavas de la Virgen Dolorosa, de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados a mulleres con discapacidade intelectual, orientadas á rehabilitación das capacidades físicas, psíquicas e á promoción da autonomía persoal.

27.7.2021

145.232,00 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Abanca Corporación Bancaria para o desenvolvemento e a difusión do programa Carné xove.

Prorrogar as bases da colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade financeira Abanca, para o apoio ás accións de promoción, difusión e desenvolvemento do programa Carné xove que se leven a cabo en Galicia.

12.7.2021

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria para a posta en marcha en 2021 dun programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil.

Contribuír ao financiamento a favor do Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria, da posta en marcha no ano 2021, da primeira edición dun programa de formación e mentoring para un máximo de 350 persoas mozas que teñan rematado os seus estudos nunha universidade ou centro de estudos da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil, co fin de favorecer a transición das ditas persoas mozas desde a vida académica á laboral.

2.7.2021

450.000,00 €