Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48923

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo unitario para o acceso aos corpos de Policía Local, categoría de policía, quenda de concurso.

Con data do 10 de xullo de 2020 o DOG fixo pública a Orde do 8 de xullo pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local, categoría de policía, quendas libre e concurso, cuxo obxecto era a cobertura de 119 prazas de policía local nos concellos que se enumeraban na dita orde e na súa modificación.

Con data do 19 de xuño de 2021, o BOE publicou o anuncio da modificación da dita convocatoria e abriuse un novo prazo de presentación de solicitudes, rematado este e de acordo co establecido no punto 4 da referida Orde do 8 de xullo.

Con data do 5 de agosto de 2021, o DOG publicou a Resolución do 28 de xullo pola que se fixeron públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas deste proceso selectivo, na quenda de concurso, no cal se abriu un prazo de dez días hábiles, de emenda das solicitudes.

Tendo en conta o exposto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo convocado por Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG núm. 137, do 10 de xullo), na quenda de concurso.

As listaxes definitivas de persoas admitidas poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas excluídas na quenda de concurso, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 28 de setembro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoal excluido. Quenda de concurso

Apelidos

Nome

DNI

Motivo da exclusión

Diz García

Javier

***1991**

4

Fondo Balsas

María José

***6775**

1, 4

Leirós Díaz

Enrique

***6232**

2, 3, 4, 5

Tella Doval

José María

***5008**

4

Vilariño López

Martín

***5663**

6

Cod.

Motivo da exclusión

1

Modelo de solicitude non válido (base 3.2)

2

Non presenta xustificante do ingreso da taxa segundo o establecido (bases 3.4.1 e 3.5.2.a)

3

Non presenta certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de policía e contar coa antigüidade mínima de tres anos (base 3.5.2.b)

4

Non presenta relación de méritos por cada un dos puntos de que consta o concurso (base 3.5.2.c)

5

Non presenta copia da documentación acreditativa dos méritos alegados (base 3.5.2.d)

6

Desistencia da solicitude