Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Juan José Menaya Cancela.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 5 de novembro de 2020 acordouse a incoación de novo procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Juan José Menaya Cancela (ABI/2003/0017-R), incorporando a este procedemento os actos e trámites que se poidan conservar do expediente anterior (ABI/2003/0017), caducado pola Resolución do 21 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, por se ter excedido o prazo para a súa resolución.

A Resolución do 5 de novembro de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N. nº 325, do 14.12.2020), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 234, do 19.11.2020), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Fene (A Coruña) e de Pontevedra, por un prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 4 de febreiro de 2003 na cidade de Pontevedra e que non outorgara testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no concello de Pontevedra, co cal queda xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora as actuacións realizadas polos xulgados de Primeira Instancia números 3 e 6 de Pontevedra.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte dos bens hereditarios da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigo 267 e seguintes.

Código civil, artigo 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Juan José Menaya Cancela, con DNI 32689304W, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicarlle á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

Contratos e outros efectos bancarios:

– Banco Santander, conta de aforro: 0049 5270 80 2393256924.

Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por un prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Fene e de Pontevedra.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública