Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 48987

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 160, do 20 de agosto de 2021, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 41960, no artigo 33, letra i):

– Ordinal 1º, onde di: «certificacións sinaladas no parágrafo 1º das letras c) e d) deste artigo», debe dicir: «certificación e relación sinaladas nas letras c) e d), respectivamente, deste artigo».

– Ordinal 2º, onde di: «certificación da epígrafe 1ª da letra d)», debe dicir: «certificación e relación das letras c) e d), respectivamente».

– Ordinal 3º, onde di: «certificación da epígrafe 1ª da letra d)», debe dicir: «certificación e relación das letras c) e d), respectivamente».

Na páxina 41976, no artigo 48.2, letra d), ordinal 1º, onde di: «certificacións mensuais sinaladas na letra c) deste artigo» debe dicir: «certificacións e relacións mensuais sinaladas nas letras a) e b), respectivamente, do número 1 deste artigo».