Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2019/X999/000211).

O Pleno da Corporación do Concello de Ponteceso, en sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de maio de 2021, acordou aprobar incialmente a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal de Ponteceso, o que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 83.5 e no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), durante o prazo de dous meses, contados desde a publicación do correspondente anuncio no DOG, prazo durante o cal o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais e se poderán formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas de obras, actividade e parcelación no ámbito do polígono APRD3.2 durante o prazo de 2 anos, desde a adopción do acordo de aprobación inicial (para o suposto de que as novas determinacións impliquen a modificación da ordenación urbanística vixente); en todo caso, esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual en proxecto.

Conforme o establecido no artigo 86.3 do RLSG, esta suspensión non será de aplicación:

– Ás obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio, non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

– Ás licenzas de primeira ocupación.

– Aos proxectos que cumpran simultaneamente o PXOM en vigor e a modificación, sempre que esta fose aprobada inicialmente.

– Aos actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, coa condición de que se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados na modificación.

Ponteceso, 9 de xuño de 2021

Xosé Lois García Carballido
Alcalde