Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 27 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021842AE-PO por infracción en materia sanitaria.

O día 4 de agosto de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021842AE-PO incoado á persoa titular do DNI 76901568X.

Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

De conformidade co artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado ou a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo. O prazo para interpoñer este recurso é de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

De optar por presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, conforme prevén os artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, a persoa interesada perdería o dereito á redución que se realizou na tramitación do procedemento sancionador en aplicación do artigo 85.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, por recoñecemento da responsabilidade.

A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 27 de setembro de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2021842AE-PO.

DNI da persoa denunciada: 76901568X.

Último enderezo coñecido: avenida Castelao, 25, 1º F, 36860 Ponteareas.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.