Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 27 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021998AE-PO por infracción en materia sanitaria.

O 3 de agosto de 2021, a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021998AE-PO contra a persoa titular do DNI 53194126W.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio se lle notifica á persoa titular do DNI 53194126W o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, número 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 27 de setembro de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2021998AE-PO.

DNI da persoa denunciada: 53194126W.

Último enderezo coñecido: rúa Moaña, 13, 2º, 36209 Vigo.

Feito imputado: suposta infracción do previsto en:

• Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

• Artigo 6.2 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

• Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2:

1. Queda restrinxida a entrada e saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:

a) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño e Gondomar.

p) Do ámbito territorial do concello de Tui.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 1/2018, do 2 de abril: «O incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, obrigacións ou prohibicións establecidos na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia ou inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia».

Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).