Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican actos administrativos ditados en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000053398 e catro máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para ser notificados dos requirimentos das emendas das solicitudes ditados nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia do mesmo, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que estes requirimentos, que se notifican por comparecencia, outorgan as persoas interesadas un prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da súa notificación para a emenda da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen realizar a emenda, teráselle por desistido da súa petición, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase ao arquivamento do expediente, logo de resolución ditada de conformidade co disposto no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 12 de setembro de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000053398

32830638R

Requirimento documentación

7.6.2021

LU-0000043211

44830285L

Requirimento documentación

17.6.2021

LU-0000043217

44830285L

Requirimento documentación

17.6.2021

LU-0000018149

35623635Q

Requirimento documentación

11.6.2021

LU-0000049673

33829584B

Requirimento documentación

14.6.2021