Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49216

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 132/2021, do 7 de outubro, polo que se nomea director do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio a Enrique Luis de Salvador Sánchez.

En virtude do establecido no artigo 24 dos estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, aprobados polo Decreto 244/2011, do 29 de decembro; nos artigos  4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de outubro de dous mil vinte e un,

NOMEO director do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio a Enrique Luis de Salvador Sánchez.

Santiago de Compostela, sete de outubro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda