Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49284

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2021, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 171, do 10 de setembro) e pola Orde do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro)

ACORDOU:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade. De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021

Javier Páez González
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso
no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de
Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información

Quenda de promoción interna.

Núm.

NIF

Nome e apelidos

Ex. 1

Ex. 2

Ex. 3 (inglés)

Ex. 3 (galego)

Ex. 4

Total

1

***0916**

Juan Antonio Valiño García

30,84

30,00

Apto

Exento

14,83

75,67

Quenda de acceso libre.

Núm.

NIF

Nome e apelidos

Ex. 1

Ex. 2

Ex. 3 (inglés)

Ex. 3 (galego)

Ex. 4

Total

1

***0378**

Carlos Javier Olalla Cano

26,56

25,50

Exento

Exento

15,01

67,07

2

***0786**

Sergio Gómez Barreiro

28,72

25,50

Exento

Exento

12,44

66,66

3

***6777**

Susana Ferreirós Ordóñez

30,19

20,50

Apta

Exento

12,31

63,00