Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49350

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos extraordinarios de estabilización de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 135, do 20 de xullo de 2021, publícanse as bases comúns dos procedementos selectivos que convoque o Concello de Ortigueira en execución dos procesos extraordinarios de estabilización de emprego temporal aprobadas pola Resolución da Alcaldía 533/2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 162, o 26 de agosto de 2021 publícanse as bases especificas para a provisión mediante concurso oposición de diversas prazas no marco do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía 2021-0758, do 27 de agosto de 2021, resolveuse convocar os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas:

Denominación da praza

Nª prazas ofertadas

Natureza xurídica

Auxiliar administrativo/a

3

Funcionario

Director/a da Escola de Música

1

Laboral

Profesor/a da Escola de Música

7

Laboral

Auxiliar de axuda no fogar

31

Laboral

Peón

7

Laboral

Oficial 2ª obras

1

Laboral

Técnico/a de turismo

1

Laboral

Monitor de ocio e tempo libre

1

Laboral

Auxiliar sociocultural

2

Laboral

Animador sociocultural

1

Laboral

Animador deportivo

1

Laboral

Responsable da Aula de Informática

1

Laboral

Operario/a de emerxencias GES

1

Laboral

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ortigueira, 13 de setembro de 2021

Juan Vicente Penabad Muras
Alcalde