Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 11 de outubro de 2021 Páx. 49493

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

O artigo 89.c) do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da devandita lei, crea o distintivo de permanencia e, no seu artigo 93.1, establecese que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución da persoa titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, aos policías locais cando cumpran 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán acreditar os concellos que corresponda.

Mediante esta resolución acórdase outorgar os distintivos de permanencia aos policías locais que, ademais de contaren cos restantes requisitos, cumpriron os 25 anos de permanencia nas anualidades 2019 e 2020.

De acordo co previsto no citado artigo 93.1 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar o distintivo de permanencia á listaxe de policías locais que se xunta como anexo a esta resolución, por ter feito 25 anos de servizo nos corpos de policía local, durante os anos 2019 e 2020, segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

A) Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia, ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia, correspondente ao ano 2019.

(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos).

• Provincia: Ourense.

– Concello: Ourense.

Abellás González, Santiago.

Ares Fernández, Manuel Alfonso.

Bermúdez Martínez, Daniel Óscar.

Carro Senra, Guillermo.

Fernández López, José Abel.

Fernández Nieto, José Antonio.

Ferreiro Cid, Antonio.

Figueiras García, Santiago.

Freire Guede, Luis.

García Castro, José Manuel.

González Carbajal, Alberto.

Iglesias López, Juan Carlos.

Núñez Sánchez, Damián.

Pavón Grande, Felipe Miguel.

Pérez Fernández, José Manuel.

Quiroga Álvarez, Germán.

Rodríguez González, Rosendo.

Rodríguez Rodríguez, Juan Carlos.

Ruas Fernández, Sergio.

Varela Estévez, José Luis.

– Concello: Verín.

Orbán Parapar, Justo.

Prieto Prieto, Jorge.

B) Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia, ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia, correspondente ao ano 2020.

(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos).

• Provincia: A Coruña.

– Concello: Culleredo.

Cacheiro Mosquera, José Manuel.

• Provincia: Ourense.

– Concello: O Barco de Valdeorras.

Abolí Martínez, Eva María.

Gallego Felípez, Raúl.

Hernández González, Fernando.

Lozano Sellés, Fernando José.