Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 11 de outubro de 2021 Páx. 49559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 17 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente-e IN407A 2021/130-1).

Expediente-e: IN407A 2021/130-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Calo, no lugar de Calo.

Concello: Teo.

1. Características técnicas:

• Instalación dun novo centro de transformación (CT) de tipo prefabricado compacto, manobra exterior con envolvente de formigón 2L+1P telecontrolado, con transformador de 250 kVA/20 kV, situado nun predio de propiedade particular, con acceso desde vial público.

• Liña de media tensión soterrada en condutores de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV-3 (1×240 Al), canalizados en gabia de 0,40 metros de largo e de entre 1,00 e 1,40 metros de profundidade, no interior de sendas tubaxes de polipropileno de Ø 160 mm, por viais municipais no termo municipal de Teo.

• A LMTS con inicio nos pasos aéreo-soterrados (PAS) que se vai realizar no apoio número 29 existente de tipo C-22/2000 da LMT SNT840 (expediente 51.909), no treito entre a derivada ao CT Casalonga (expediente 51/05) e a derivada ao CT particular Carballal (matrícula 15PG66), e rematará no CT proxectado (entrada e saída), con lonxitude total de 510 m.

• No apoio existente, onde se realizarán os PAS, instálanse pararraios autoválvulas de 24 kV/10 kA.

• Cruzamento coa estrada N-550 a través da perforación dirixida (26 m), cun total de seis tubaxes de polietileno de Ø 160 mm.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 17 de setembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/130-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Calo, no lugar de Calo.

Concello: Teo.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Casalonga.

Cultivo: monte alto.

Propietaria/o: herdeiras/os de Amador Silva Costoya.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: centro de transformación.

• M2: 38,0.