Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50044

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 137/2021, do 30 de setembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora da estrada LU-651, treito Folgoso (punto quilométrico 21+600)-Seoane (punto quilométrico 35+670), de clave LU/17/128.01, no concello de Folgoso do Courel.

Antecedentes:

Primeiro. O día 12 de decembro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 236 o Anuncio do 3 de decembro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da estrada LU-651. Treito: Folgoso (punto quilométrico 21+600)-Seoane (punto quilométrico 35+670), de clave LU/17/128.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes e certificados presentados, o 23 de setembro de 2021 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado de mellora da estrada LU-651. Treito: Folgoso (punto quilométrico 21+600)-Seoane (punto quilométrico 35+670), de clave LU/17/128.01.

O obxecto do proxecto é a mellora das características da estrada LU-651 que conecta o núcleo de Quiroga co de Seoane do Courel, no treito comprendido entre Folgoso (punto quilométrico 21+600) e Seoane (punto quilométrico 35+670) no concello de Folgoso do Courel, provincia de Lugo.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de setembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de trazado de mellora da estrada LU-651. Treito: Folgoso (punto quilométrico 21+600-Seoane (punto quilométrico 35+670), de clave LU/17/128.01.

Santiago de Compostela, trinta de setembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade