Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 1 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Fial das Corzas, situado nos concellos de Vilar de Barrio e Laza, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/65).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

• Solicitante: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.; CIF: A32259541.

• Denominación do proxecto: parque eólico Fial das Corzas.

• Concellos afectados: Vilar de Barrio e Laza (Ourense).

• Potencia que se vai instalar: 49,5 MW.

• Número de aeroxeradores: 11 × 4,5 MW de potencia nominal unitaria.

• Produción neta anual estimada: 133.622 MWh/ano.

• Subestación: ST PE Fial das Corzas 30/220 kV.

• Orzamento total (execución material): 37.815.126,05 €.

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

V01

625.525

4.669.085

V02

627.997

4.669.085

V03

629.595

4.665.874

V04

629.578

4.665.450

V05

629.719

4.665.544

V06

629.919

4.665.495

V07

631.997

4.662.285

V08

628.880

4.662.285

As coordenadas previstas no proxecto para os aeroxeradores e para a subestación (SET) son:

UTM-X

UTM-Y

FC01

626.844

4.668.686

FC02

627.180

4.668.234

FC03

627.548

4.666.986

FC04

627.827

4.666.480

FC05

628.210

4.666.102

FC06

628.777

4.666.001

FC07

629.215

4.665.839

FC08

629.664

4.665.264

FC09

629.821

4.664.575

FC10

629.904

4.663.584

FC11

630.341

4.663.434

SET

627.612

4.667.468

As coordenadas previstas no proxecto para a torre meteorolóxica son:

UTM-X

UTM-Y

627.939

4.666.413

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 11 aeroxeradores modelo SG-145 de 4,5 MW de potencia unitaria do fabricante Siemens, cunha altura de buxa de 107,5 m, diámetro de rotor de 145 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia nacelle dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 4.500 kW e relación de transformación de 30/0,420-0,242 kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque (SET), composta por catro circuítos con condutores tipo Al HEPRZ1 18/30 kV K Al+ H25 de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores FC01 e FC02, circuíto 2 para os FC03, FC04 e FC05, o circuíto 3 para os FC06, FC07 e FC08 e o circuíto 4 para os FC09, FC10 e FC11.

– Subestación ST PE Fial das Corzas 220/30 kV con parque a nivel de 220 kV en intemperie con aparellaxe convencional e os seguintes elementos: un transformador de potencia de 125 MVA ONAN/ONAF e relación de transformación 220/30 kV; unha posición de barras, dúas posicións de liña e unha posición de trafo, cos equipamentos necesarios de protección e medida. En 30 kV, os seguintes elementos: reactancia de posta á terra, con limitación de corrente a 500 A, 15 s; unha posición de transformador, con trafo de SS.AA. 30/0,420 de 250 kV; unha posición de trafo do parque eólico; unha posición de medida; catro posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores e dúas posicións de liña de reserva; ademais do espazo para unha futura posición para alimentación ao equipamento de compensación de potencia reactiva. Todo iso co equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección da SET.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (24.7.2020, visado o 27.7.2020).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (maio de 2021).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (28.7.2020, visado o 28.7.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, a presentación das alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderá examinarse nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A documentación sometida a información pública estará tamén dispoñible, durante o sinalado prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Ourense, 1 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense