Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50036

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de maio a agosto do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2021

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para a realización de actuacións específicas de fomento da sustentabilidade na minaría.

12.7.2021

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Clúster da Lousa de Galicia para a obtención da declaración ambiental de produto sectorial da lousa natural como actividade do programa de sustentabilidade do sector da lousa.

12.7.2021

67.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Clúster da Lousa de Galicia para a elaboración dun estudo da afección ocasionada pola actividade mineira da lousa sobre o dominio público hidráulico no ámbito da demarcación hidrográfica do Miño-Sil na Comunidade Autónoma de Galicia.

12.7.2021

67.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a realización de actuacións específicas de fomento da sustentabilidade no sector do granito.

12.7.2021

51.771,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

20.7.2021

677.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción, no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo-2021.

20.7.2021

132.847,00 €

Convenio entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Valga para a posta en valor como área de lecer da antiga mina de extracción de arxila Porto Piñeiro (Valga).

9.8.2021

53.149,25 €