Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do parque eólico Castro Valente, situado nos concellos de Pontecesures, Valga, A Estrada (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (expediente IN408A/2020/66).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.

Domicilio social: rúa Circunvalación, nº 17, A Rúa, 32350 Ourense.

Denominación do proxecto: parque eólico Castro Valente.

Concellos afectados: Pontecesures, Valga, A Estrada (Pontevedra) e Padrón (A Coruña).

Potencia que se instalará: 18 MW.

Produción neta anual estimada: 63.457 MWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 14.762.145,90 €.

Localización (área de afección):

Vértices poligonal

Parque eólico Castro Valente

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

1

531.375

4.731.785

2

531.450

4.732.048

3

531.832

4.732.208

4

534.039

4.731.096

5

534.835

4.729.350

6

531.534

4.728.214

7

531.375

4.728.555

Localización dos aeroxeradores:

Aeroxeradores

Parque eólico Castro Valente

ETRS89

Concellos

X UTM H29

Y UTM H29

PV3.1

531.606

4.731.827

Padrón

PV3.2

531.910

4.731.511

Padrón

PV3.3

531.921

4.730.581

Padrón

PV3.4

532.329

4.730.371

A Estrada

Localización da subestación:

Subestación PE Castro Valente

Parque eólico Castro Valente

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

532.512

4.729.952

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

– 4 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG145 de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, cunha altura de buxa de 107,5 metros e cun diámetro de rotor de 145 metros.

– 4 centros de transformación, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, formados por transformadores de 5.500 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede subterránea de media tensión (30 kV), con condutor de aluminio tipo HEPRZ1 18/30 kV de diferentes seccións, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV e a subestación colectora Castro Valente 30/66 kV.

– Subestación transformadora 30/66 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 55 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 250 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,42-0,242 kV, equipamentos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede de terras xeral con condutor Cu-70 mm2.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, 36071 Pontevedra) e da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa respectivamente, no teléfono 986 80 52 39 e no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83/981 18 49 23, así como nos concellos de Pontecesures, Valga, A Estrada (Pontevedra) e Padrón (A Coruña), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A citada documentación estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, 36071 Pontevedra) e da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 5º andar, 15071 A Coruña).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas podan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais