Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50110

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal (código de procedemento PR461E) e se fai pública a data e hora de realización do primeiro e segundo exercicio do proceso.

No DOG núm. 127, do 6 de xullo de 2021, publícase a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal.

Por Resolución do 17 de agosto de 2021, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (DOG núm. 158, do 18 de agosto) aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no dito proceso, así como as persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

Transcorrido o prazo de emenda das solicitudes establecido, e de conformidade co establecido na base 3.6.1 da Orde do 23 de xuño de 2021 (DOG núm. 127, do 6 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal convocado pola Orde do 23 de xuño de 2021 (DOG núm. 127, do 6 de xullo), así como a listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo I a esta resolución.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes non exentas da realización da proba de coñecementos de lingua galega figura como anexo II a esta resolución.

Segundo. En sesión que tivo lugar o 30 de setembro de 2021, o tribunal designado para cualificar o proceso acordou que o primeiro exercicio do proceso, correspondente á proba tipo test, terá lugar o día 4 de novembro de 2021 no Salón de Actos da Academia Galega de Seguridade Pública, na rúa da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra) en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Inmediatamente despois da realización do primeiro exercicio desenvolverase o segundo exercicio, proba de coñecemento da lingua galega, para as persoas aspirantes non exentas da realización da dita proba, no mesmo lugar que o primeiro exercicio.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis número 2, bolígrafo azul e goma de borrar.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que son públicas a través da páxina web da Agasp.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada na sede da Agasp e na páxina web da Agasp: http://agasp.xunta.gal

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 30 de setembro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas

NIF

Apelidos e nome

Motivo da exclusión (cód.)

***4523**

Arias Díaz, Sandra

2

***0907**

Domínguez García, Tania

3

***0000**

Lema Arén, Daniel

1

***8142**

Martínez Moure, Telmo

1

Causas de exclusión

Cód

Descrición

1

Non presenta xustificante de aboamento da taxa.

2

Xustificante de aboamento da taxa incorrecto ou incompleto.

3

Non ten ou non foi posible consultar a titularidade dos permisos de conducir.

ANEXO II

Listaxe definitiva de persoas aspirantes non exentas da realización
da proba de coñecementos da lingua galega

NIF

Apelidos e nome

***7959**

Alejandro Durán, Iván

***7589**

Álvarez Vázquez, Roberto

***8764**

Dacruz Conde, Antonio

***6223**

Fernández Pérez, Samuel

***7653**

González Comesaña, Jonathan

***9687**

Pérez Larrea, Breixo

***5121**

Ramiro Pérez, Óscar

***3040**

Rey García, Cristian

***2430**

Rodríguez López, Evelyn del Carmen

***2510**

Vidal Sobrín, Marta