Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 28 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución e a carta de pagamento da multa en período voluntario do expediente sancionador en materia de talleres IN635C 2021/31-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución e a carta de pagamento de multa en período voluntario no anexo do expediente sancionador en materia de talleres, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para examinar o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 28 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2021/31-4.

Interesado:

DNI: 36171906J.

Acto notificado: resolución e carta de pagamento.